A titular de Mar puxo como exemplo a chegada da industria pesqueira catalá á costa galega no século XVIII que impulsou o desenvolvemento da conserva
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe o Centro Galego de Tarragona onde asinou o libro de ouro desta entidade e participou na clausura da exposición sobre a emigración das galegas e galegos a Cataluña e a figura do cardeal Benjamín de Arriba y Castro. Alí a representante do Goberno galego aproveitou a ocasión para poñer en valor os lazos migratorios que unen a Galicia e Cataluña e que contribuíron ao progreso da cadea mar–industria en ambas comunidades. Nesta liña, puxo como exemplo a chegada da industria pesqueira catalá á costa galega no século XVIII que impulsou o desenvolvemento da conserva. A titular de Mar tamén puxo de relevo a aportación das galegas e galegos que emigraron a Cataluña e axudaron a impulsar actividades e sectores da economía desta comunidade ao tempo que contribuíron ao progreso de Galicia. Neste sentido, salientou o labor de apoio do cardeal Benjamín de Arriba y Castro aos emigrantes galegos en Cataluña nos anos 50 e 60, principalmente de Tarragona, onde foi arcebispo tras ser bispo de Mondoñedo. A exposición clausurada hoxe conta co apoio da Xunta e naceu co fin de lembrar a figura deste prelado, oriúndo de Becerreá, 50 anos despois do seu falecemento. Ten 12 paneis con texto, documentos e fotografías que dan conta do fenómeno migratorio galego en Cataluña e destaca o asociacionismo e a creación das primeiras sociedades culturais galegas no mundo. Rosa Quintana estivo acompañada na clausura desta mostra polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta; o presidente do Centro Galego de Tarragona, José Lago; o autor da exposición e vicepresidente desta entidade, Manoel Carrete; a secretaria do Centro, Concepción Saune, e o presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, Domingo Balboa. Ao evento tamén asistiron representantes doutros centros e entidades galegas en Cataluña.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
La noticia «A Xunta pon en valor os lazos migratorios entre Galicia e Cataluña que contribuíron ao progreso da cadea mar-industria de ambas comunidades – Galicia» es una información de RSS – Noticias de COPE